Masajes con mi aura

“Invítanme a probar unha sesión. Din que as sensacións poden ser moi variadas. «A algúns, dálles por rirse, outros cren que están a flotar e outros choran», din. ‘Rezo’ para rir e non chorar. Pregúntanme se poden tocarme. Coas dúbidas que pode suscitar esta pregunta, finalmente díxenlles que si, confiando na súa seriedade. Ben mirado, un masaxista tamén tócache, ¿non?

Pecho os ollos para non ver, non pensar e relaxarme. Mariña colócase detrás da miña cabeza. E noto a súa enerxía. Quizá tivesen algo que ver os 40 graos que había fora, pero as súas mans eran unha fonte de calor na miña cabeza sen sequera tocarme. Soa a música zen e intento relaxarme. Ao pouco, pregúntame que cores vexo. A verdade é que, cos ollos pechados, custa imaxinarse cores pero, posta a ver, contéstolle que brancos ou tons claros.

Aos poucos, voume relaxando. Descoñezo se se chegaron a desatascar da tensión as miñas tubaxes enerxéticas pero tampouco me resulta difícil relaxarme aínda que siga estando á espreita ás posibles sensacións que experimente o meu corpo, que resumirían nun cosquilleo no nocello dereito cerca xa do termo da sesión. De paso, penso nas cores e vou notando como os tons claros tenden máis a azuis ou avermellados, situándose entre un púrpura e un violeta.

A sesión termina e cando me preguntan polas sensacións cóntolles o do cambio da cor. Lorenzo bótase a rir. «¿Si? Esa é a transformación», apunta. ¿Como?, dígolle, alucinada. «Si, significa que a enerxía che estaba empezando a facer efecto», espeta. Quedo máis tranquila. Arcadio despídese de min cun «esperamos que esta sesión che cambiara a vida». Xa veremos. Iso quedará para un próximo episodio. Así que, como dicían as series antigas, continuará…”

Sabela Corbelle

Accede al artículo de El Progreso

Anuncios
de arelug

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s